DOKK / manpages / debian 10 / kde-l10n-gl / qtoptions.7.gl
QTOPTIONS(7) Manual do usuario de KDE QTOPTIONS(7)

qtoptions - Opcións habituais da liña de comandos para todos os programas baseados nas bibliotecas Qt

Programa baseado en Qt [Opcións xenéricas de Qt]

As seguintes opcións son de aplicación a todos os programas baseados en Qt(TM):

--display nomeDisplay

Usa o display nomeDisplay do servidor das X.

--session sessionId

Restaura o programa para a sessionId que se indica.

--cmap

Fai que o programa instale un mapa de cores privado nun display de 8-bits.

--ncols número

Limita o número de cores reservadas no cubo de cores dun display de 8-bits, se o programa está a usar a especificación de cor QApplication::ManyColor.

--nograb

Indicalle a Qt(TM) que nunca capture o rato nen o teclado.

--dograb

Unha execución dentro dun depurador pode provocar un --nograb implícito, use -dograb para sobrescreber.

--sync

Muda para o modo sincrónico para depuración de erros.

--fn,--font nomeFonte

Define o tipo de letra do programa.

--bg,--background cor

Configura a cor de fondo por omisión e unha paleta do programa (as sombras claras e escuras son calculadas).

--fg,--foreground cor

Configura a cor por omisión de primeiro plano

--btn,--button cor

Configura a cor por omisión dos botóns.

--name nome

Estabelece o nome do programa.

--title título

Estabelece o título do programa (para a barra de título).

--visual TrueColor

Obriga ao programa a usar un aspeito TrueColor nun display de 8-bits.

--inputstyle estilo de entrada

Estabelece o estilo de entrada de XIM (X Input Method). Os valores posíbeis son onthespot, overthespot, offthespot e root.

--im servidor XIM

Indica o servidor XIM.

--noxim

Deshabilita o XIM

--reverse

inverte a disposición dos widgets

--stylesheet ficheiro.qss

aplica a folla de estilos de Qt aos widgets do programa

kdeoptions(7)

Páxina de manual escrita por Lauri Watts <lauri@kde.org>

Lauri Watts <lauri@kde.org>

Autor.
2004-02-02 O ambiente de escritorio K