wesnoth — A batalla polo Noroeste, un xogo de estratexia
por roldas ambientado nun mundo fantástico.
wesnoth [OPCIÓNS] [RUTA_AOS_DATOS]
A batalla polo Noroeste é un xogo de estratexia por
roldas ambientado nun mundo fantástico.
Derrota a todos os líderes inimigos escollendo sabiamente
as tropas e xestionando coidadosamente os recursos de ouro e vilas. Todas as
unidades teñen fortalezas e debilidades de seu. Para gañar,
desprega as túas forzas de xeito que aproveiten completamente o seu
potencial, e impide que os inimigos fagan o mesmo. A medida que as unidades
consigan experiencia, adquirirán novas habilidades e volveranse
máis fortes. Xoga na lingua que queiras e pon a proba as túas
habilidades contra a intelixencia artificial, ou únete á
enorme comunidade internacional de xogadores que se reúne en
internet. Crea unidades, escenarios ou campañas personalizadas, e
compárteo todo co resto da comunidade.
- --all-translations
- Show all translations in the in-game language selection list, even if they
are deemed insufficiently complete.
- --bunzip ficheiro_de_entrada.bz2
- Descomprime un ficheiro que debería estar en formato BZip2 e
gárdao sen o sufixo «.bz2». Borrarase o
ficheiro_de_entrada.bz2.
- --bzip ficheiro_de_entrada
- Comprime un ficheiro en formato BZip2, gárdao coma
ficheiro_de_entrada.bz2 e borra o ficheiro_de_entrada.
- -c[identificador_de_campaña], --campaign[=identificador_de_campaña]
- Vai directamente á campaña co identificador
identificador_de_campaña. Se non indica un identificador,
aparece un menú de escolla.
- --campaign-difficulty[=dificultade]
- A dificultade da campaña indicada (do 1 ao máximo). Se non
se especificase, aparecería un diálogo de escolla da
dificultade da campaña.
- --campaign-scenario identificador_de_escenario
- O identificador do escenario da campaña indicada. De omitirse o
parámetro, empregarase o primeiro escenario.
- --core identificador_de_núcleo
- Substitúe o núcleo cargado polo núcleo co
identificador indicado.
- --data-dir cartafol
- Substitúe o directorio dos datos polo directorio indicado.
- --data-path
- Mostra a ruta do cartafol dos datos.
- -d, --debug
- Activa opcións adicionais no modo de ordes do xogo. Consulta o wiki
en «https://wiki.wesnoth.org/CommandMode» (en inglés)
para máis información sobre o modo de ordes do xogo.
- -e[ficheiro], --editor[=ficheiro]
- Inicia directamente o editor de mapas integrado. Se se indica un
ficheiro, fai o mesmo que -l --load.
- --fps
- Mostra nunha esquina da pantalla o número de fotogramas por segundo
ao que se está executando o xogo.
- -f, --fullscreen
- Executa o xogo a pantalla completa.
- --gunzip ficheiro_de_entrada.gz
- Descomprime un ficheiro que debería estar en formato GZIP e
gárdao sen o sufixo «.gz». Borrarase o
ficheiro_de_entrada.gz.
- --gzip ficheiro_de_entrada
- Comprime un ficheiro en formato GZIP, gárdao coma
ficheiro_de_entrada.gz e borra o ficheiro_de_entrada.
- -h, --help
- Devolve un resumo das opcións da liña de ordes.
- -l, --load ficheiro
- Carga a partida ficheiro do directorio de partidas estándar.
Se tamén se usan as opcións -e ou --editor,
iníciase o editor co mapa do ficheiro aberto. Se é un
directorio, o editor iniciarase cun diálogo de carga de mapas
aberto en dito directorio.
- -L, --language idioma
- Usa o idioma idioma (código) durante esta sesión. Por
exemplo: --language gl.
- --log-nivel=dominio_1,dominio_2,…
- sets the severity level of the log domains. all can be used to
match any log domain. Available levels:
error, warning, info, debug, none.
By default the warning level is used for most domains, but
deprecation defaults to none unless combined with the
-d option.
- --log-precise
- Mostra as marcas de tempo no ficheiro do historial con máis
precisión.
- --log-strict
- Define o nivel de rexistro. Calquera mensaxe enviada con este nivel de
rexistro ou un nivel superior fará que a proba unitaria falle
aínda que o resultado sexa o esperado. Só é relevante
cando se usa con -u.
- --logdomains[=filtro]
- Devolve os dominios do rexistro definidos (só os que
conteñan o filtro se se usa).
- --max-fps fps
- O número máximo de fotogramas por segundo que pode empregar
o xogo. O valor debe estar entre «1» e «1000»,
sendo o valor predeterminado a taxa de actualización do
monitor.
- -m, --multiplayer
- Executa unha partida de varios xogadores. Hai opcións adicionais
que poden empregarse xunto con --multiplayer tal e como se explica
máis abaixo.
- --mp-test
- Cargar os escenarios de varios xogadores de probas.
- --no-delay
- Executa o xogo sen atrasos para probas de rendemento gráfico. Isto
actívase automaticamente con --nogui.
- --noaddons
- Desactiva a carga de complementos do usuario.
- --nocache
- Desactiva a caché de datos do xogo.
- --nogui
- Executa o xogo sen a interface gráfica. Só está
dispoñíbel en combinación con --multiplayer,
--screenshot ou --plugin.
- --nomusic
- Executa o xogo sen música.
- --noreplaycheck
- Non intentar validar a repetición da proba unitaria. Só
é relevante cando se usa con -u.
- --nosound
- Executa o xogo sen sons e sen música.
- --password contrasinal
- Emprega o contrasinal indicado ao conectarse ao servidor, ignorando
a configuración. É pouco seguro.
- --path
- Devolve o directorio de datos do xogo.
- -p, --preprocess ficheiro_ou_cartafol_de_orixe cartafol_de_destino
- Preprocesa o ficheiro ou cartafol indicado. O ficheiro ou ficheiros
escribiranse no directorio de destino indicado: un ficheiro
«.cfg» simple e outro procesado. Se se indica un cartafol,
preprocesaranse todos os seus contidos baseándose nas regras
coñecidas para o preprocesador. Os macros comúns do
directorio «data/core/macros» preprocesaranse antes que os
recursos indicados. Por exemplo: -p
~/wesnoth/data/campaigns/tutorial ~/result. Para máis
información sobre o preprocesador, acceda á seguinte
páxina:
https://wiki.wesnoth.org/PreprocessorRef#Command-line_preprocessor
- --preprocess-defines=DEFINE1,DEFINE2,…
- Lista de ordes «define» —separada por comas—
para que empregue a orde --preprocess. Se a lista inclúe
SKIP_CORE, non se preprocesará o directorio
«data/core».
- --preprocess-input-macros ficheiro_de_orixe
- Só o emprega a orde --preprocess. Especifica un ficheiro con
definicións [preproc_define] para antes do
preprocesamento.
- --preprocess-output-macros[=ficheiro_de_destino]
- Só o emprega a orde --preprocess. Devolve todos os macros
preprocesados do ficheiro obxectivo. Se non se especifica un ficheiro
devolverá os do ficheiro «_MACROS_.cfg» do directorio
obxectivo da orde «--preprocess». O ficheiro de saída
pode pasárselle a --preprocess-input-macros. Este
modificador ten que escribirse antes da orde --preprocess.
- -r XxY, --resolution XxY
- Establece a resolución do xogo. Por exemplo: -r
800x600.
- --render-image imaxe saída
- Colle unha «cadea de ruta de image» correcta de A batalla
polo Noroeste con funcións de ruta de imaxe, e escribe nun ficheiro
PNG. Xera un ficheiro BMP se o nome do ficheiro remata en
«.bmp» ou se a biblioteca «libpng» non
está dispoñíbel. As funcións de ruta de imaxe
están documentadas (en inglés) en
https://wiki.wesnoth.org/ImagePathFunctionWML.
- -R, --report
- Prepara os cartafoles do xogo, imprime información da
construción que poder usar en informes de erros, e sae.
- --rng-seed semente
- Usa o número <semente> como semente para o xerador de
números aleatorios. Por exemplo: --rng-seed 0.
- --screenshot mapa saída
- Garda unha captura de pantalla do mapa na saída sen
preparar unha pantalla.
- -s[servidor], --server[=servidor]
- Conéctase á máquina especificada se existe,
senón conéctase ao primeiro servidor da
configuración. Por exemplo: --server
server.wesnoth.org.
- --showgui
- Executa o xogo coa interface gráfica, substituíndo calquera
--nogui implícito.
- --strict-validation
- Os erros de corrección trátanse coma erros graves.
- -t[identificador_de_escenario], --test[=identificador_de_escenario]
- Executa o xogo nun pequeno escenario de probas. O escenario debería
ser un definido cunha etiqueta WML [test]. O predeterminado
é test. Pode iniciarse unha mostra da funcionalidade
[micro_ai] con micro_ai_test. O uso de --nogui vai
implícito.
- --translations-over percent
- Set the standard for deeming a translation is complete enough to show in
the in-game language list to percent. Valid values are 0 to
100.
- -u, --unit identificador_de_escenario
- Executa o escenario de probas indicado como proba unitaria. O uso de
--nogui vai implícito.
- --userconfig-dir nome
- Define nome coma o nome do cartafol da configuración do
usuario no seu directorio persoal («$HOME») ou «Os
meus documentos\Os meus xogos» en Windows. Tamén podes
indicar unha ruta absoluta para o directorio da configuración
fóra dos antes mencionados. En Windows tamén podes prefixar
a ruta con ".\" or "..\ " para indicar un cartafol
relativo ao cartafol de traballo do proceso. En X11 o cartafol
predeterminado é «$XDG_CONFIG_HOME» ou
«$HOME/.config/wesnoth», noutros sistemas é a ruta de
datos do usuario.
- --userconfig-path
- Devolve a ruta do directorio da configuración do usuario.
- --userdata-dir nome
- Define nome coma o nome do cartafol dos datos do usuario no seu
cartafol persoal («$HOME») ou «Os meus documentos\Os
meus xogos» en Windows. Tamén podes indicar unha ruta
absoluta para o cartafol dos datos fóra dos antes mencionados. En
Windows tamén podes prefixar a ruta con ".\" or "..\
" para indicar un cartafol relativo ao cartafol de traballo do
proceso.
- --username nome_de_usuario
- Emprega o usuario indicado ao conectarse ao servidor, ignorando a
configuración.
- --userdata-path
- Devolve a ruta do directorio dos datos do usuario.
- --validcache
- Asume que a caché está ben (perigoso).
- -v, --version
- Devolve o número da versión.
- -w, --windowed
- Executa o xogo nunha xanela.
- --with-replay
- Reproduce a partida cargada coa opción --load.
As opcións para partidas con varios xogadores
específicas dun bando márcanse cun número.
«número» tense que substituír polo
número do bando. Normalmente é «1» ou
«2», pero depende do número de xogadores que permita o
escenario escollido.
- --ai_config número:valor
- Escolle un ficheiro de configuración a cargar para a intelixencia
artificial que controla o bando especificado.
- --algorithm número:valor
- Selecciona un algoritmo non estándar para o controlador da
intelixencia artificial deste bando. O algoritmo está definido por
unha etiqueta [ai], que pode ser unha das predeterminadas de
«data/ai/ais» ou «data/ai/dev» opu un
algoritmo definido por un complemento. Entre os valores
dispoñíbeis están idle_ai (intelixencia
artificial inactiva) e experimental_ai (intelixencia artificial
experimental).
- --controller número:valor
- Decide quen controla o bando indicado. Os valores
dispoñíbeis son: human e ai.
- --era valor
- Usa esta opción para xogar na era seleccionada en vez de na era
predeterminada (Default). A era elíxese mediante un
identificador. As eras descríbense no ficheiro
data/multiplayer/eras.cfg.
- --exit-at-end
- Sae do xogo unha vez se remate o escenario, sen mostrar un diálogo
de vitoria ou derrota que normalmente require que o usuario prema
«Finalizar». Isto tamén se emprega para probas de
rendemento automatizadas mediante scripts.
- --ignore-map-settings
- Non usar a configuración do mapa, senón os valores
predeterminados.
- --multiplayer-repeat valor
- Repite unha partida de varios xogadores valor veces.
Recoméndase usar esta opción xunto con --nogui para
probas de rendemento executadas con scripts.
- --parm número:nome:valor
- Establece parámetros adicionais para o bando. Este parámetro
depende das opcións usadas con --controller e
--algorithm. Só debería resultarlle útil a
quen estea a deseñar a súa propia intelixencia artificial
(aínda non está completamente documentado).
- --scenario valor
- Selecciona un escenario con varios xogadores polo seu identificador. O
identificador do escenario por omisión é
multiplayer_The_Freelands.
- --side número:valor
- Escoller unha facción da era actual para bando número
número. A facción elíxese mediante un
identificador. As faccións descríbense no ficheiro
«data/multiplayer.cfg».
- --turns valor
- Establece o número de roldas para o escenario elixido. De maneira
predeterminada non hai límite.
Se a situación ao saír é normal, o estado ao
saír será «0». «1»
correspóndese cun erro de inicialización —ben do SDL,
da configuración de vídeo, dos tipos de letra, etc—.
«2» indica que o erro se produciu coas opcións da
liña de ordes.
Ao executar probas unitarias (con -u), o valor de saída
cambia. O valor de saída 0 indica que se pasou a proba, e 1 indica
que non se pasou. 3 indica que se pasou a proba pero que esta xerou un
ficheiro de repetición incorrecto. 4 indica que se pasou a proba pero
que a repetición produciu erros. Estes dous últimos valores
só se devolven se non usa a opción --noreplaycheck. 2
indica que se superou o tempo límite de execución da proba,
cando se usa a opción --timeout, que está obsoleta.
Autor orixinal: David White <davidnwhite@verizon.net>.
Modificacións posteriores: Nils Kneuper <crazy-ivanovic@gmx.net>,
ott <ott@gaon.net> e Soliton <soliton.de@gmail.com>.
Autor orixinal desta axuda: Cyril Bouthors <cyril@bouthors.org>.
Visite o sitio web oficial: https://www.wesnoth.org/
Copyright © 2003-2018, David White
<davidnwhite@verizon.net>
Isto é software libre. Este software está protexido polos termos
da versión 2 da licenza GNU GPL, tal e como foi publicada pola Free
Software Foundation. Non existe NINGUNHA garantía. Nin sequera para o
seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO
PARTICULAR.