wesnothd — Servizo de rede para partidas con varios
xogadores de A batalla polo Noroeste.
wesnothd [-dv] [-c ruta] [-p
porto] [-t número] [-T
número]
wesnothd -V
Xestiona partidas de A batalla polo Noroeste con varios xogadores.
Véxanse en
«https://www.wesnoth.org/wiki/ServerAdministration» (en
inglés) as ordes que acepta o servidor a través do cliente
wesnoth (/query […]) ou do fifo.
- -c ruta, --config ruta
- Indícalle a wesnothd onde atopar o ficheiro de configuración
a usar. Véxase a sintaxe máis adiante na sección de
CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR. Pódese recargar a
configuración enviando SIGHUP ao proceso do servidor.
- -d, --daemon
- Executa wesnothd coma un servizo.
- -h, --help
- Indica as funcións das opcións de liña de ordes.
- --log-nivel=dominio_1,dominio_2,…
- Establece o nivel de severidade dos dominios do rexistro. Pódese
usar all para referirse a calquera dominio do rexistro. Os niveis
dispoñíbeis son os seguintes: error
(erro), warning (aviso), info
(información) e debug (depuración).
error é o nivel predeterminado, info para o dominio
do servidor.
- -p porto, --port porto
- Asocia o servidor ao porto especificado. O porto predeterminado é o
15000.
- -t número, --threads número
- Define o número máximo de fíos efectivos en espera
para a entrada e saída de rede a n (5 de maneira
predeterminada, máximo 30).
- -T número, --max-threads número
- Define o número máximo de fíos efectivos que se van
crear. Se se define a 0 non terá límite (0
é o valor predeterminado).
- -V, --version
- Devolve o número da versión.
- -v, --verbose
- Activa o rexistro da depuración.
[etiqueta]
- clave="valor"
- clave="valor,valor,…"
[/etiqueta]
- allow_remote_shutdown
- Se se lle dá o valor no («non», valor
predeterminado), as solicitudes de apagado e reinicio ignoraranse salvo
que procedan do fifo. Co valor yes («si») permitirase
o apagado remoto por medio dunha «/query» realizada por un
administrador.
- ban_save_file
- Ruta completa ou relativa a un ficheiro —comprimido con
gzip— que o servidor poida ler e escribir. As vedas hanse gardar
neste ficheiro e leranse de novo cando se inicie o servidor.
- compress_stored_rooms
- Determina se se debe ler e escribir o ficheiro de salas de forma
comprimida. O valor predeterminado é yes
(«si»).
- connections_allowed
- O número de conexións permitidas desde un mesmo enderezo IP.
0 equivale a infinitas. O valor predeterminado é
5.
- disallow_names
- Os nomes e alcumes que o servidor non acepta. Pódense empregar
* e ? como comodíns para patróns.
Véxase glob(7) para máis información. Os
valores predeterminados son:
*admin*,*admln*,*server*,ai,ai?,computer,human,network,player.
- fifo_path
- A ruta ao fifo polo que se poden enviar ordes ao servidor
—equivalente ao «/query …» desde o
xogo—. Se non se especifica outra cousa, toma a ruta indicada como
valor predeterminado durante a compilación (en principio
/var/run/socket/wesnothd).
- max_messages
- O número máximo de mensaxes permitidas en
messages_time_period (4 de maneira predeterminada).
- messages_time_period
- O período de tempo (en segundos) que se usa para detectar os
envíos masivos de mensaxes (10 segundos de maneira
predeterminada).
- motd
- A mensaxe do día.
- new_room_policy
- Determina quen pode crear novas salas no servidor. Os valores
dispoñíbeis son everyone («todos»),
registered (só os usuarios «rexistrados»),
admin (só os «administradores») e
nobody («ninguén»). Salvo que se indique o
contrario, poden todos.
- passwd
- O contrasinal que se utiliza para obter privilexios de administrador
—por medio de /query admin contrasinal—.
- replay_save_path
- O directorio no que o servidor garda as repeticións das partidas
(non esquezas a barra inclinada ao final, «/»). O seu valor
predeterminado é «`'», o directorio no que se iniciou
o wesnothd.
- restart_command
- A orde que utiliza o servidor para iniciar outro proceso de servidor por
medio da orde restart («reiniciar»). Só se
pode establecer mediante o fifo. Véxase a opción
allow_remote_shutdown.
- room_save_file
- Ruta a un ficheiro onde gardar a información das salas. Lerase
durante a inicialización do servidor e escribirase nel máis
tarde. Se o ficheiro está baleiro ou non se forneceu unha ruta ao
mesmo, nin se cargará nin se gardará ningunha sala.
- save_replays
- Determina se o servidor gardará as repeticións das partidas
automaticamente. O seu valor predeterminado é false
(«non»).
- versions_accepted
- Unha lista separada por comas de cadeas de versión que o servidor
aceptará. Pódense empregar os comodíns de
patróns * e ?. O seu valor predeterminado será
a versión do xogo correspondente.
Por exemplo: versions_accepted="*" aceptará calquera
versión.
- user_handler
- O nome do xestor de usuarios a empregar. Os xestores de usuarios
dispoñíbeis actualmente son forum —para
conectar wesnothd á base de datos dun foro phpbb— e
sample —unha mostra de exemplo da interface do xestor de
usuarios, hai que estar tolo para utilizala en algo de verdade—. O
valor predeterminado é forum. Tamén hai que engadir
unha sección [user_handler], véxase a
continuación.
[redirect] é unha etiqueta para especificar un
servidor ao que dirixir certas versións do cliente.
- host
- O enderezo do servidor ao que dirixir os clientes.
- port
- O porto da conexión.
- version
- Unha lista separada por comas de versións a dirixir.
Compórtase do mesmo xeito que versions_accepted no referente
aos comodíns de patróns.
[ban_time] é unha etiqueta para definir palabras
clave axeitadas para duracións de vedas temporais.
- name
- O nome a usar para referirse á veda.
- time
- A duración. O formato é
«%d[%s[%d%s[…]]]», onde %s será
«s» (segundos), «m» (minutos),
«h» (horas), «D» (días),
«M» (meses) ou «Y» (anos), e %d será un
número. Se non se fornece un modificador de tempo, interpretarase a
cantidade indicada como minutos. Por exemplo: time="1D12h30m"
é unha veda de 1 día, 12 horas e 30 minutos.
[proxy] é unha etiqueta para que o servidor
actúe coma proxy e dirixa as solicitudes dos clientes conectados ao
servidor indicado. Acepta as mesmas claves que [redirect].
[user_handler] Configures the user handler. Available keys
vary depending on which user handler is set with the user_handler
key. If no [user_handler] section is present in the configuration the
server will run without any nick registration service. All additional tables
that are needed for the forum_user_handler to function can be found
in table_definitions.sql in the Wesnoth source repository.
- db_host
- O nome do servidor da base de datos (para
«user_handler=forum»).
- db_name
- O nome da base de datos (para «user_handler=forum»).
- db_user
- O nome do usuario co que iniciar sesión na base de datos (para
«user_handler=forum»).
- db_password
- O contrasinal de dito usuario (para
«user_handler=forum»).
- db_users_table
- O nome da táboa na que o foro phpbb almacena os datos do usuario
(para «user_handler=forum»). O máis probábel
é que dita táboa sexa <prefixo-da-táboa>_users
(por exemplo, «phpbb3_users»).
- (for user_handler=forum) The name of the table in which wesnothd will save
its own data about users. You will have to create this table
manually.
- db_game_info_table
- (for user_handler=forum) The name of the table in which wesnothd will save
its own data about games.
- db_game_player_info_table
- (for user_handler=forum) The name of the table in which wesnothd will save
its own data about the players in a game.
- db_game_modification_info_table
- (for user_handler=forum) The name of the table in which wesnothd will save
its own data about the modifications used in a game.
- db_user_group_table
- (for user_handler=forum) The name of the table in which your phpbb forums
saves its user group data. Most likely this will be
<table-prefix>_user_group (e.g. phpbb3_user_group).
- mp_mod_group
- (for user_handler=forum) The ID of the forum group to be considered as
having moderation authority.
- user_expiration
- O tempo en días tras o cal caducan os alcumes rexistrados (para
«user_handler=sample»).
[mail] configura un servidor SMTP mediante o cal o xestor
de usuarios pode enviar correos electrónicos. Actualmente só o
utiliza o xestor de usuarios de exemplo.
- server
- O nome do servidor de correo.
- username
- O nome de usuario co que iniciar sesión no servidor de correo
electrónico.
- password
- O contrasinal dese usuario.
- from_address
- O enderezo do remitente da mensaxe.
- mail_port
- O porto no que se executa o servidor de correo electrónico. O seu
valor predeterminado é «25».
Cando o servidor se apague correctamente o estado ao saír
será «0». Será «2» de houber un
erro coa liña de ordes.
Autor orixinal: David White <davidnwhite@verizon.net>.
Modificacións posteriores: Nils Kneuper
<crazy-ivanovic@gmx.net>, ott <ott@gaon.net>, Soliton
<soliton.de@gmail.com> e Thomas Baumhauer
<thomas.baumhauer@gmail.com>. Autor orixinal desta axuda: Cyril
Bouthors <cyril@bouthors.org>.
Visite o sitio web oficial: https://www.wesnoth.org/
Copyright © 2003-2018, David White
<davidnwhite@verizon.net>
Isto é software libre. Este software está protexido polos termos
da versión 2 da licenza GNU GPL, tal e como foi publicada pola Free
Software Foundation. Non existe NINGUNHA garantía. Nin sequera para o
seu USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO
PARTICULAR.