DOKK / manpages / debian 12 / aptitude-common / aptitude-curses.8.gl
APTITUDE(8) System Manager's Manual APTITUDE(8)

aptitude - interface a pantalla completa para o xestor de paquetes.

aptitude

aptitude é unha interface en modo texto para o sistema de paquetes de Debian GNU/Linux.
Permítelle ao usuario ve-la lista de paquetes e realizar tarefas de xestión de paquetes coma a instalación, actualización e eliminación de paquetes. Por defecto, aptitude deixa dispoñibles as seguintes teclas e comandos:

Saír do contexto actual, gravando os cambios.
Saír do contexto actual, abandonando os cambios.
?
Amosar unha pantalla de axuda en liña.
Move-la barra de selección un elemento cara a arriba.
Move-la barra de selección un elemento cara a abaixo.
^
Move-la barra de selección cara ao pai do elemento actual.
Expandir ou contraer un grupo de paquetes.
[
Expandir unha árbore de paquetes completa.
]
Contraer unha árbore de paquetes completa.
Amosar información acerca dun paquete.
+
Cancela-lo borrado dun paquete, ou solicita-la súa instalación ou actualización.
-
Cancela-la instalación dun paquete, ou solicita-la súa eliminación.
=
Reter un paquete (ou quitalo da retención se é un paquete retido non actualizable).
_
Solicita-la eliminación dun paquete e tódolos seus ficheiros de configuración ("purgar").
Actualiza-las listas de paquetes dispoñibles.
Realizar tódalas instalacións, eliminacións e actualizacións pendentes.
Desface-la última acción ou conxunto de accións.
/
Realizar unha busca.
Repeti-la última busca.
Amosar tódalas versións dun paquete dispoñibles.

A versión actual de aptitude non recoñece opcións de liña de comandos.

apt-get(1), apt(8), /usr/share/doc/aptitude/README.

Esta páxina de manual escribiuna Daniel Burrows <Daniel_Burrows@brown.edu>.

Esta páxina de manual traduciuna Jacobo Tarrío Barreiro <jtarrio@trasno.net>.

9/8/00