| APT-SRC.GL(1p) | User Contributed Perl Documentation | APT-SRC.GL(1p) |
apt-src - xestión de árbores de paquetes fonte de debian
apt-src [opcións] ordes
apt-src [opcións] install|remove paquete1 [paquete2 ...]
apt-src location pkg
apt-src é unha interface por liña de ordes para descargar, instalar, actualizar e controlar os paquetes fonte de debian. Pode executarse coma usuario normal ou administrador.
Os paquetes fonte non se instalan nunha única ruta, ao contrario cos paquetes binarios. «Instálanse» desempaquetando a estrutura de cartafoles nun directorio, que pode estar en calquera ruta. Un mesmo paquete fonte pode instalarse varias veces, en distintos lugares. Este programa xestiona os paquetes fonte instalados deste xeito, e prové ferramentas para consultar e atopar onde se instalaron os paquetes fonte.
Se non se indican as opcións -h ou --help, deberase empregar algunha das opcións abaixo descritas.
Esta orde acepta nomes de paquetes binarios ou fonte. Igual ca apt-get install, pódese engadir =versión-do-paquete ou /versión-de-debian antes do nome para especificar que versión do paquete fonte escoller.
Tamén encargarse de cumprir coas dependencias de compilación do paquete fonte.
Se se engade a opción --location o paquete fonte instalarase no lugar indicado, no canto do directorio actual.
Se se engade a opción --build, compilarase calquera paquete instalado ou actualizado.
Se se engade a opción --patch (por omisión), apt-src intentará xerar un parche cos cambios locais, e aplicará estes cambios ao código actualizado. Isto permite preservar os cambios locais tras actualizar os paquetes, inda que nalgúns casos pode que se precise xuntar os cambios a man.
Se se engade a opción --build, compilarase calquera paquete instalado ou actualizado.
Esta orde pode ser útil ao incluír ficheiros doutro paquete fonte. Por exemplo:
-I`apt-src location paquete`
Todas as opcións poden engadirse ao ficheiro de configuración. As descricións indican as opcións a engadir. Para opcións booleanas pódense sobrescribir no ficheiro predeterminado empregando a sintaxe -f, --no-f, -f=no ou variacións.
Teña en mente que instalaranse todos os paquetes binarios xerados a partir do paquete fonte.
Ademais das opcións anteriores, hai algunhas opcións menos usadas que só se poden configurar en ficheiros, /etc/apt/apt.conf e ~/.apt-src/config. Son:
Pódense usar indistintamente os nomes de paquetes binarios ou de paquetes fonte ao instalar novos paquetes fonte.
No resto de casos, ao tratar de paquetes instalados, hai que empregar os nomes dos paquetes fonte (isto pode mudar no futuro). Porén, tamén se poden usar expresións regulares para os nomes.
Este programa escribe APT_SRC_BUILD durante a compilación.
Para instalar a fonte de mutt(1) en /usr/src, compilalo e instalar os paquetes resultantes:
apt-src install --location=/usr/src -i mutt
Para controlar os cambios a este mutt(1) fonte instalado, e instalar o compilado cando salga unha nova versión:
apt-src install -i mutt
Para instalar unha copia local do paquete foo, ao que se lle aplicará un parche local:
apt-src install foo cd foo-version patch <~/meu-parche-de-foo apt-src build --installdebs foo
Para actualizar a copia local de foo, parcheala, compilar e instalar o resultado:
apt-src install -i foo
Para importar o código en /usr/src/linux, obtido dun arquivo de www.kernel.org (ou do paquete kernel-source), para que apt-src o coñeza:
apt-src import kernel --location=/usr/src/linux --version=2.4.18
No caso de ter un módulo do núcleo que precisa saber se se está a empregar apt-src, e nese caso darlle os valores axeitados a KVERS, KSRC e KDREV para make-kpkg(1), engadir o seguinte a debian/rules:
ifdef APT_SRC_BUILD KDREV=$(shell apt-src version kernel\(-source.\*\)\?) KSRC=$(shell apt-src location kernel\(-source.\*\)\?) KVERS=$(shell apt-src name kernel\(-source.\*\)\? | sed s/kernel-source-//) endif
Creado por Joey Hess <joeyh@debian.org>, 2002
Este programa é libre. Para saber as condicións de redistribución, consulte a Licenza Pública Xeral de GNU, versión 2 ou posterior. Esta obra publícase sen ningún tipo de garantía.
| 2025-03-29 | perl v5.40.1 |