ebook-convert - ebook-convert
ebook-convert ficheiro_entrada ficheiro_saída [opcións]
Converte un libro electrónico dun formato a outro.
input_file é a entrada e output_file é a
saída. Ambos deben especificarse como os dous primeiros argumentos do
comando.
O formato de saída do libro electrónico
dedícase a partir da extensión do ficheiro output_file.
ficheiro_saída tamén pode ter o formato especial .EXT onde EXT
é a extensión do ficheiro de saída. Neste caso, o nome
do ficheiro de saída deriva do nome do ficheiro de entrada.
Teña en conta que os nomes de ficheiros non deben comezar cun
guión. Finalmente, se output_file non ten extensión,
entón trátase como un cartafol e escríbese nese
cartafol un «libro electrónico aberto» (OEB) composto
por ficheiros HTML. Estes ficheiros son os ficheiros que normalmente se
pasarían ao complemento de saída.
Despois de especificar o ficheiro de entrada e saída, pode
personalizar a conversión especificando varias opcións. As
opcións dispoñibles dependen dos tipos de ficheiros de entrada
e saída. Para obter axuda sobre eles, especifique o ficheiro de
entrada e saída e despois use a opción -h.
Para a documentación completa do sistema de
conversión consulte E-book conversion
Sempre que lle pases argumentos a ebook-convert que
teñan espazos neles, pon os argumentos entre comiñas. Por
exemplo: «/some path/with spaces»
As opcións e os valores predeterminados das opcións
cambian dependendo de ambos formatos de entrada e saída, polo que
sempre debes comprobar con:
ebook-convert myfile.input_format myfile.output_format -h
A continuación móstranse as opcións que son
comúns a todas as conversións, seguidas da opcións
específicas para cada formato de entrada e saída.
- OPCIÓNS DE ENTRADA
- OPCIÓNS DE SAÍDA
- APARENCIA
- PROCESAMENTO HEURÍSTICO
- BUSCAR E SUBSTITUÍR
- DETECCIÓN DA ESTRUTURA
- ÍNDICE
- METADATOS
- DEPURACIÓN
- --input-profile
- Especificar o perfil de entrada. O perfil de entrada dálle
información ao sistema de conversión sobre como interpretar
os distintos datos do documento de entrada. Por exemplo, as lonxitudes
dependentes da resolución (en píxeles). As opcións
son: cybookg3, cybook_opus, default, hanlinv3, hanlinv5, illiad,
irexdr1000, irexdr800, kindle, msreader, mobipocket, nook, sony, sony300,
sony900
- --list-recipes
- Lista os nomes das receitas integradas. Podes crear un libro
electrónico a partir dunha receita integrada como esta:
ebook-convert «Recipe Name.recipe» output.epub
- --output-profile
- Especifique o perfil de saída. O perfil de saída indica ao
sistema de conversión como optimizar o documento creado para o
dispositivo especificado. Nalgúns casos, pódese usar un
perfil de saída para optimizar a saída dun dispositivo en
particular, pero isto raramente é necesario. As opcións
son:cybookg3, cybook_opus, default, hanlinv3, hanlinv5, illiad, ipad,
ipad3, irexdr1000, irexdr800, jetbook5, kindle, kindle_dx, kindle_fire,
kindle_oasis, kindle_pw, kindle_pw3, kindle_scribe, kindle_voyage, kobo,
msreader, mobipocket, nook, nook_color, nook_hd_plus, pocketbook_inkpad3,
pocketbook_lux, pocketbook_hd, pocketbook_900, pocketbook_pro_912, galaxy,
sony, sony300, sony900, sony-landscape, sonyt3, tablet, generic_eink,
generic_eink_large, generic_eink_hd
- --version
- mostrar o número de versión do programa e saír
OPCIÓNS DE ENTRADA
Opcións para controlar o procesamento do ficheiro de
entrada mobi
- --input-encoding
- Especificar a codificación de caracteres do documento de entrada.
Se se establece esta opción, substituirá calquera
codificación declarada no propio documento. En particular é
útil para documentos sen codificación declarada ou con erros
na declaración da codificación.
OPCIÓNS DE SAÍDA
Opcións para controlar o procesamento da saída
epub
- --dont-split-on-page-breaks
- Desactiva a división nos saltos de páxina. Normalmente, os
ficheiros de entrada divídense automaticamente en cada salto de
páxina en dous ficheiros. Isto dá un libro
electrónico de saída que se pode analizar máis
rápido e con menos recursos. Non obstante, a división
é lenta e se o ficheiro fonte contén un número moi
grande de saltos de páxina, debería desactivar a
división nos saltos de páxina.
- --epub-flatten
- Esta opción é necesaria soamente se pretende usar o EPUB con
FBReaderJ. Con esta opción simplificarase o sistema de ficheiros
dentro do EPUB, poñendo todos os ficheiros no nivel superior.
- --epub-inline-toc
- Inserir un índice na liña que aparecerá como parte do
contido do libro pincipal.
- --epub-max-image-size
- O tamaño máximo da imaxe (ancho x alto). Un valor de none
significa usar o tamaño da pantalla do perfil de saída. Un
valor de profile significa que non se especifica un tamaño
máximo. Por exemplo, un valor de 100x200 fará que todas as
imaxes se cambien de tamaño para que a súa anchura non sexa
superior a 100 píxeles e a súa altura non sexa superior a
200 píxeles. Teña en conta que isto só afecta o
tamaño dos ficheiros de imaxe actuais. Calquera imaxe pode
renderizarse cun tamaño diferente dependendo do estilo que se lle
aplique no documento.
- --epub-toc-at-end
- Poña a táboa de contidos inserida ao final do libro en lugar
do comezo.
- --epub-version
- A versión do ficheiro EPUB que se vai xerar. EPUB 2 é o
máis compatible, só usa EPUB 3 se sabes que realmente o
necesitas.
- Extrae o contido do libro xerado á carpeta especificada. O contido
da carpeta é eliminado primeiro, así que ten coidado.
- --flow-size
- Divide todos os ficheiros HTML máis grandes que este tamaño
(en KB). Isto é necesario xa que a maioría dos lectores de
EPUB non poden manexar ficheiros de gran tamaño. O valor
predeterminado de 260KB é o tamaño necesario para Adobe
Digital Editions. Establécese en 0 para desactivar a
división en función do tamaño.
- --no-default-epub-cover
- Normalmente, se o ficheiro de entrada non ten capa e non especifica unha,
xerarase unha capa co título, autores, etc. Esta opción
desactiva a xeración desta capa.
- --no-svg-cover
- Non usar un SVG para a capa dun libro. Debe usar esta opción se o
EPUB vai ser empregado nun dispositivo que non é compatible con
SVG, como o iPhone ou de JetBook Lite. Sen esta opción, cada
dispositivo amosará a capa como unha páxina en branco.
- --preserve-cover-aspect-ratio
- Ao empregar unha capa en branco, esta opción implicará que a
capa escalarase a toda a área da pantalla dispoñíbel
mais manterá a relación de aspecto. Isto implica que pode
ter bordos en branco aos lados ou na parte superior e inferior, mais a
imaxe non pode estar distorsionada. Sen esta opción, a imaxe pode
distorsionarse, mais non terá bordos.
- --pretty-print
- Se está especificado, o complemento de saída tratará
de crear unha saída o máis lexíbel posíbel.
Pode non funcionar no caso dalgúns complementos de
saída.
- --toc-title
- Título para calquera táboa de contidos en liña
xerada.
Opcións para controlar o aspecto da saída
- --asciiize
- Translitera os caracteres Unicode a unha representación ASCII. Use
con coidado porque isto substituirá os caracteres Unicode por
ASCII. Por exemplo, substituirá «Pelé» por
«Pele». Ademais, teña en conta que nos casos nos que
hai varias representacións dun carácter (caracteres
compartidos por chinés e xaponés, por exemplo) empregarase a
representación baseada na linguaxe da interface de calibre
actual.
- --base-font-size
- O tamaño da fonte base en pts. Todos os tamaños de letra do
libro producido serán reescalados en función deste
tamaño. Escollendo un tamaño maior podes facer que as fontes
da saída sexan máis grandes e viceversa. De xeito
predeterminado, cando o valor é cero, escóllese o
tamaño da fonte base en función do perfil de saída
que escolleches.
- --change-justification
- Cambiar a xustificación do texto. O valor «esquerda»
fai que o texto xustificado na orixe quede aliñado á
esquerda (non xustificado). O valor «xustificar» fai que o
texto non xustificado quede xustificado. O valor «orixinal»
(o predeterminado) non altera a xustificación do ficheiro fonte.
Teña en conta que non todos os formatos de saída admiten
xustificación.
- --embed-all-fonts
- Incrustar todos os tipos de letra a que se fai referencia no documento de
entrada pero que aínda non están incrustados. Isto
buscará no teu sistema os tipos de letra e, se se atopan,
incorporaranse. A incrustación só funcionará se o
formato ao que estás convertendo admite fontes incrustadas, como
EPUB, AZW3, DOCX ou PDF. Asegúrese de ter a licenza adecuada para
incorporar os tipos de letra utilizados neste documento.
- --embed-font-family
- Inserir a familia de fontes especificada no libro. Isto especifica a fonte
«base» utilizada para o libro. Se o documento de entrada
especifica as súas propias fontes, poden substituír esta
fonte base. Podes usar a opción de información de estilo de
filtro para eliminar fontes do documento de entrada. Teña en conta
que a incorporación de fontes só funciona con algúns
formatos de saída, principalmente EPUB, AZW3 e DOCX.
- --expand-css
- Por defecto, calibre usará a forma abreviada para varias
propiedades CSS como marxe, recheo, bordo, etc. Esta opción
fará que use o formulario expandido completo no seu lugar.
Teña en conta que CSS sempre se expande cando se xeran ficheiros
EPUB co perfil de saída definido nun dos perfís de Nook xa
que o Nook non pode xestionar CSS abreviado.
- Tanto a ruta dunha folla de estilo CSS como CSS directo. Este CSS
será anexado ás regras de estilo do ficheiro orixinal, de
modo que poida usarse para sobreescribir aquelas regras.
- --filter-css
- Unha lista separada por comas de propiedades CSS que se eliminarán
de todas as regras de estilo CSS. Isto é útil se a presenza
dalgunha información de estilo impide que se anule no teu
dispositivo. Por exemplo: fonte-familia, cor, marxe-esquerda,
marxe-dereita
- --font-size-mapping
- Correspondencia entre os tamaños de letra de CSS e tamaños
en pt. Un exemplo podería ser 12,12,14,16,18,20,22,24. Estas son as
correspondencias para os tamaños de xx-small a xx-large, e o
último tamaño para letras enormes. O algoritmo para ampliar
ou reducir o texto emprega estes tamaños para determinar o
tamaño de letra de maneira intelixente. Por omisión, o valor
é usar unha correspondencia baseada no perfil de saída
seleccionado.
- --insert-blank-line
- Inserir unha liña en branco entre parágrafos. Non funciona
se o ficheiro de orixe non define parágrafos (etiquetas <p>
ou <div>).
- --insert-blank-line-size
- Establece a altura das liñas en branco inseridas (en em). A altura
das liñas entre parágrafos será o dobre do valor
establecido aquí.
- --keep-ligatures
- Conserva as ligaduras presentes no documento de entrada. Unha ligadura
é un carácter combinado dun par de caracteres como ff, fi,
fl et cetera. A maioría dos lectores non teñen soporte para
ligaduras nas súas fontes predeterminadas, polo que é
improbable que se representen correctamente. Por defecto, gauge
converterá unha ligadura no par de caracteres normais
correspondente. Teña en conta que aquí as ligaduras
significan só ligaduras Unicode, non ligaduras creadas mediante CSS
ou estilos de fonte. Esta opción conservaraos no seu lugar.
- --line-height
- A altura de liña en pt. Controla o espazo entre liñas
consecutivas de texto. Só se lle aplica a elementos que non definen
a súa propia altura de liña. Na maioría dos casos, a
opción de altura de liña mínima é máis
útil. De modo predeterminado, non se modifica a altura da
liña.
- --linearize-tables
- Algúns documentos mal deseñados usan táboas para
controlar a disposición do texto na páxina. Cando se
converten estes documentos adoitan dar lugar a texto que se sae da
páxina e outros problemas. Esta opción extrae o contido das
táboas e preséntao de maneira lineal.
- --margin-bottom
- Establece a marxe inferior en pts. O predeterminado é
%dpredeterminado. Establecer isto a menos de cero fará que non se
estableza ningunha marxe (conservarase a configuración da marxe no
documento orixinal). Nota: os formatos orientados á páxina,
como PDF e DOCX, teñen a súa propia configuración de
marxes que teñen prioridade.
- --margin-left
- Establece a marxe esquerda en pts. O predeterminado é %d
predeterminado. Establecer isto a menos de cero fará que non se
estableza ningunha marxe (conservarase a configuración da marxe no
documento orixinal). Nota: os formatos orientados á páxina,
como PDF e DOCX, teñen a súa propia configuración de
marxes que teñen prioridade.
- --margin-right
- Establece a marxe dereita en pts. O predeterminado é
%dpredeterminado. Establecer isto a menos de cero fará que non se
estableza ningunha marxe (conservarase a configuración da marxe no
documento orixinal). Nota: os formatos orientados á páxina,
como PDF e DOCX, teñen a súa propia configuración de
marxes que teñen prioridade.
- --margin-top
- Establece a marxe superior en pts. O predeterminado é
%dpredeterminado. Establecer isto a menos de cero fará que non se
estableza ningunha marxe (conservarase a configuración da marxe no
documento orixinal). Nota: os formatos orientados á páxina,
como PDF e DOCX, teñen a súa propia configuración de
marxes que teñen prioridade.
- --minimum-line-height
- A altura mínima da liña, como porcentaxe do tamaño de
tipo de letra do elemento calculado. Calibre asegurará que cada
elemento teña esta altura de liña como mínimo, malia
o que indique o documento de entrada. Asignar 0 para desactivar. De modo
predeterminado é 120%. Utiliza esta opción preferentemente
á especificación directa da altura de liña, non sendo
que saiba o que está a facer. Por exemplo, pode conseguir texto con
«dobre espazo» asignándolle un valor de 240.
- --remove-paragraph-spacing
- Retirar o espazo entre parágrafos. Tamén estabelece o
sangrado na primeira liña de cada parágrafo de 1,5em. A
retirada do espazo non funciona se o ficheiro de orixe non define
parágrafos (etiquetas <p> o <div>).
- --remove-paragraph-spacing-indent-size
- Cando calibre elimina liñas en branco entre parágrafos,
establece automaticamente unha sangría de parágrafo para
garantir que os parágrafos se poidan distinguir facilmente. Esta
opción controla o ancho desa sangría (en em). Se estableces
este valor negativo, úsase a sangría especificada no
documento de entrada, é dicir, o calibre non cambia a
sangría.
- --smarten-punctuation
- Converte comiñas simples, trazos e elipses aos seus equivalentes
tipograficamente correctos. Para obter máis información,
consulte https://daringfireball.net/projects/smartypants.
- --subset-embedded-fonts
- Subconxunta todas as fontes incrustadas. Cada tipo de letra incrustado
redúcese para conter só os glifos utilizados neste
documento. Isto diminúe o tamaño dos ficheiros de fontes.
Útil se está incorporando un tipo de letra especialmente
grande con moitos glifos sen usar.
- --transform-css-rules
- Ruta a un ficheiro que contén regras para transformar os estilos
CSS deste libro. O xeito máis sinxelo de crear un ficheiro deste
tipo é usar o asistente para crear regras na GUI de calibre. Accede
a el na sección «Aspecto e sensación->Transformar
estilos» do diálogo de conversión. Unha vez creadas
as regras, pode usar o botón «Exportar» para gardalas
nun ficheiro.
- --transform-html-rules
- Ruta a un ficheiro que contén regras para transformar o HTML deste
libro. O xeito máis sinxelo de crear un ficheiro deste tipo
é usar o asistente para crear regras na GUI de calibre. Accede a el
na sección «Aspecto e sensación->Transformar
HTML» do diálogo de conversión. Unha vez creadas as
regras, pode usar o botón «Exportar» para gardalas
nun ficheiro.
Modificar o texto e a estrutura do documento utilizando
patróns habituais. Empregue --enable-heuristics para activar. As
accións individuais pódense desactivar coas opcións
--disable-
*
.
- --disable-dehyphenate
- Analiza as palabras con guión en todo o documento. O propio
documento se usa coma un dicionario para determinar se cada guión
se debe manter ou eliminarse.
- --disable-fix-indents
- Converter os sangrados creados a partir de varios espazos duros en
sangrados de CSS.
- --disable-format-scene-breaks
- Os marcadores de salto de escena aliñados á esquerda
están aliñados ao centro. Substitúe os saltos de
escena suaves que usan varias liñas en branco por regras
horizontais.
- --disable-markup-chapter-headings
- Detectar cabeceiras e subcabeceiras de capítulos sen formato e
convertilas en etiquetas h2 e h3. Esta configuración non
creará un índice, pero pódese utilizar xunto coa
detección de estrutura para crear uno.
- --disable-renumber-headings
- Busca secuencias de etiquetas <h1> ou <h2>. As etiquetas
renumeran para evitar que de dividan os ficheiros en medio dunha cabeceira
de capítulo.
- --enable-heuristics
- Activar o procesamento heurístico. Esta opción debe estar
activada para que se poida realizar calquera tipo de procesametno
heurístico.
- --html-unwrap-factor
- Escala para determinar a lonxitude para unir liñas. Os valores
correctos son números decimais entre 0 e 1. O valor predeterminado
é 0.4, un pouco menos da metade da liña. Se soamente unhas
poucas liñas do documento necesitan unirse, debería reducir
o valor
- --replace-scene-breaks
- Substituír saltos de escea polo texto especificado. De maneira
predeterminada úsase o texto existente no documento de
entrada.
Modificar o texto do documento e a estrutura usando patróns
definidos.
- --search-replace
- Ruta a un ficheiro que contén buscar e substituír
expresións regulares. O ficheiro debe conter liñas alternas
de expresión regular seguidas dun patrón de
substitución (que pode ser unha liña baleira). A
expresión regular debe estar na sintaxe regex de Python e o
ficheiro debe estar codificado en UTF-8.
- --sr1-replace
- Texto de substitución para o texto encontrado con sr1-search.
- --sr1-search
- Patrón de busca (expresión regular) que se
substituirá por sr1-replace.
- --sr2-replace
- Texto de substitución para o texto atopado con sr2-search.
- --sr2-search
- Patrón de busca (expresión regular) que se
substituirá por sr2-replace.
- --sr3-replace
- Texto de substitución para o texto atopado con sr3-search.
- --sr3-search
- Patrón de busca (expresión regular) que se
substituirá por sr3-replace.
Control de autodetección de estrutura de documento.
- --add-alt-text-to-img
- Cando unha <img> etiqueta non ten atributo alt, comproba o ficheiro
de imaxe asociado para ver se contén metadatos que especifiquen
texto alternativo e úsao para completar o atributo alt. O atributo
alt mellora a accesibilidade ao proporcionar descricións de texto
para os usuarios que non poden ver ou interpretar completamente o contido
visual.
- --chapter
- Unha expresión XPath para detectar títulos de
capítulos. O predeterminado é considerar
<h1>ou<h2> etiquetas que conteñan as palabras
«capítulo», «libro»,
«sección», «prólogo»,
«epílogo» ou «parte» como
títulos de capítulo, así como calquera etiqueta que
teña class="chapter". A expresión
utilizada debe avaliarse como unha lista de elementos. Para desactivar a
detección de capítulos, use a expresión
«/». Consulte o Titorial de XPath no Manual de usuario de
calibre para obter máis axuda sobre o uso desta
función.
- --chapter-mark
- Especificar como marcar os capítulos detectados. Un valor
«pagebreak» inserirá un salto de páxina antes
de cada capítulo. Un valor de «rule» inserirá
unha liña antes de cada capítulo. «both»
marcará os capítulos cun salto de páxina e unha
liña en branco. «none» desactivará o marcado
de capítulos e un valor de «both» usará ambos
saltos de páxina e liñas para marcar capítulos.
- --disable-remove-fake-margins
- Algúns documentos especifican as marxes de páxina engadindo
marxes á esquerda e dereita de cada parágrafo, Calibre
intentará detectar e eliminar estas marxes. Ás veces isto
pode ocasionar que se eliminen marxes que deberían manterse. En tal
caso, pode desactivar a eliminación.
- --insert-metadata
- Insira os metadatos do libro ao comezo do libro. Isto é útil
se o teu lector de libros electrónicos non admite mostrar/buscar
metadatos directamente.
- --page-breaks-before
- Unha expresión XPath. Os saltos de páxina insírense
antes dos elementos especificados. Para desactivar use a expresión:
/
- --remove-first-image
- Elimina a primeira imaxe do libro electrónico de entrada.
Útil se o documento de entrada ten unha imaxe de portada que non se
identifica como portada. Neste caso, se estableces unha portada en
calibre, o documento de saída acabará con dúas imaxes
de portada se non especificas esta opción.
- --start-reading-at
- Unha expresión XPath para detectar a localización do
documento na que comezar a ler. Algúns programas de lectura de
libros electrónicos (o máis destacado o Kindle) usan esta
localización como a posición na que abrir o libro. Consulte
o tutorial de XPath no Manual de usuario de calibre para obter máis
axuda sobre o uso desta función.
ÍNDICE
Controla a xeración automática do Índice. De
modo predeterminado, se o ficheiro orixe ten unha táboa de contidos,
usarase esta preferentemente respecto da xerada automaticamente.
- --duplicate-links-in-toc
- Ao crear un índice a partir de ligazóns no documento de
entrada, permita entradas duplicadas, é dicir. permiten máis
dunha entrada co mesmo texto, sempre que apunten a unha
localización diferente.
- --level1-toc
- Expresión XPath que especifica todas as etiquetas que se deben
engadir á táboa de contidos no nivel un. Se se especifica
isto, terá prioridade sobre outras formas de detección
automática. Consulte o Titorial XPath no Manual de usuario de
calibre para obter exemplos.
- --level2-toc
- Expresión XPath que especifica todas as etiquetas que se deben
engadir á táboa de contidos no nivel dous. Cada entrada
engádese baixo unha entrada do nivel anterior. Consulte o Titorial
XPath no Manual de usuario de calibre para obter exemplos.
- --level3-toc
- Expresión XPath que especifica todas as etiquetas que se deben
engadir á táboa de contidos no nivel tres. Cada entrada
engádese baixo a entrada de nivel dous anterior. Consulte o
Titorial XPath no Manual de usuario de calibre para obter exemplos.
- --max-toc-links
- Número máximo de ligazóns que se incluirán no
Índice de contidos. O valor 0 desactiva a opción. Valor
predeterminado: 50. Só se engadirán ligazóns no IdC
se se detecta un número de capítulos menor que o
estabelecido como limiar.
- --toc-filter
- Retirar entradas do Índice de contidos (IdC) con títulos que
se corresponden coa expresión regular especificada. As entradas
correspondentes e todas as subordinadas serán retiradas.
- --toc-threshold
- Se se detecta menos deste número de capítulos, entón
engádense ligazóns ao Índice de contidos. Valor
predeterminado: 6
- --use-auto-toc
- Normalmente, se o ficheiro de orixe ten un Índice de contidos,
úsase este en vez do autoxerado. Con esta opción sempre se
usará o autoxerado.
As opcións para asignar metadatos na saída
- --authors
- Estabelecer os autores. Se hai varios autores deben separarse por
«&».
- Establece a descrición do libro electrónico.
- --cover
- Estabelecer a capa desde o ficheiro ou o URL especificado
- --isbn
- Definir o ISBN do libro.
- --pubdate
- Establece a data de publicación (suponse que está na zona
horaria local, a menos que se especifique explícitamente a zona
horaria)
- --rating
- Estabelecer a valoración. Debe ser un número entre 1 e
5.
- --series
- Establece a serie á que pertence este libro
electrónico.
- --series-index
- Estabelecer a posición que ocupa o libro nesta
colectánea.
- --tags
- Estabelecer etiquetas para o libro. Debe ser unha lista separada por
comas.
- --timestamp
- Establece a marca de tempo do libro (xa non se usa en ningún
lugar)
- --title-sort
- A versión do título que se usará para
ordenación.
Opción para axudar coa depuración da
conversión
- --debug-pipeline,
-d
- Garda a saída das diferentes etapas da canalización de
conversión no cartafol especificado. Útil se non está
seguro en que fase do proceso de conversión se está a
producir un erro.
- --verbose,
-v
- Nivel de verbosidade. Especifique varias veces para unha maior
verbosidade. Especificalo dúas veces dará lugar a unha
verbosidade completa, unha vez media e cero veces a menos
verbosidade.